Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22211

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribas de Sil

ANUNCIO de aprobación do proxecto de delimitación de solo de núcleo rural da Veiga.

Aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno de data 8.4.2014 o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural da Veiga (Ribas de Sil, Lugo), de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Ribas de Sil, 16 de abril de 2014

Miguel Ángel Sotuela Vega
Alcalde