Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22213

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de información pública relativo a un local para venda de pensos, comida de animais de compañía e consulta veterinaria.

Invernosa, S.L. solicitou nesta Alcaldía licenza municipal para exercer a actividade de venda de pensos, comida de animais de compañía e consulta veterinaria nun local sito na r/ Coruña, nº 2, baixo, Salceda de Caselas, e en cumprimento do que dispón o artigo 8º.3, do Decreto 133/2008, do 12 de xaneiro, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación deste no BOP e no DOG, coa finalidade de que durante ese prazo poidan examinar o expediente as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular por escrito as alegacións que se consideren oportunas.

Salceda de Caselas, 22 de abril de 2014

Marcos D. Besada Pérez
Alcalde