Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22156

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (197/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 197/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Isabel Deán Sieira contra a empresa Servanza, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto o 22 de abril de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Debo declarar e declaro extinguida a relación laboral existente entre a executante Ana Isabel Deán Sieira e a mercantil Servanza, S.L. a día de hoxe (22.4.2014), e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 5.578,84 euros, en concepto de indemnización, e a aboar a cantidade de 10.701,92 euros, en concepto de salarios de tramitación percibidos desde a data da sentenza (10.6.2013) ata o día de hoxe (317 días), calculados a razón de 33,76 euros diarios.

Faise saber que en caso de non dar cumprimento á presente resolución continuará como monetaria, polo importe total de 16.280,76 euros incrementados con 1.628,07 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo este último importe de ulterior liquidación.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0197 13. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0197 13”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza maxistrada substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Servanza, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

A secretaria xudicial