Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 22 de abril de 2014, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00300-O-2014 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Infórmaselles que teñen dereito a alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 22 de abril de 2014

José Jorge Martínez Fernández
Instrutor

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00300-O-2014

2549-HTS

Garda Civil 3601 N04453S

Logística Nusa, S.L.

B32442378

Marcelo Macías, 150-5 B

32002 Ourense

Diminución do descanso diario, en condución en equipo, en máis de 2 horas (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Atenuante: igual ou superior a 4 horas e 30 minutos e inferior a 6 horas.

1.12.2013; 9.45; AP-9; 137

Art. 141.25 LOTT

Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

500 euros

PO-00496-O-2014

1337-DWX

Garda Civil 3601 K82210V

Proyectos Umia, S.L.

B36488567

R/ Doutor García Bayón, 5 baixo

36650 Caldas de Reis, Pontevedra

A realización de transporte privado ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdera validez.
18.12.2013; 15.30; N-550; 110

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

601 euros

PO-02414-O-2013

6071-BPX

Garda Civil 3601 N04453S

Transportes C. Novoa e Hijos, S.L.

B49125735

Polg. Cárnicas, nave 11

49600 Benavente, Zamora

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas, ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

14.5.2013; 13.10; PO-531; 4,8

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-03794-O-2013

5827-HDS

Garda Civil 3603 V93728C

Comercial de Cárnicas en General, S.L.

B36927085

Camiño San Pedro, 4

36318 Vigo, Pontevedra

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

7.10.2013; 12.42; A-52; 291

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-03795-O-2013

5827-HDS

Garda Civil 3603 V93728C

Comercial de Cárnicas en General, S.L.

B36927085

Camiño San Pedro, 4

36318 Vigo, Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

7.10.2013; 12.42; A-52; 291

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

PO-03880-O-2013

2383-FBY

Garda Civil 3603 U36333E

Transaqua Natural, S.L.

B36962843

Estrada Camposancos 103, nave 4

36200 Vigo, Pontevedra

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

16.10.2013; 12.38; A-55; 11

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros