Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 23 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/CON/2013/00165, devolta polo servizo de Correos por ausencia do seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido na rúa Urbano González Varela, 1, 3º D, A Coruña, a resolución que estima o recurso de alzada RA/CON/2013/00165, formulado contra a resolución do secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por suplencia da directora xeral de Conservación da Natureza, cuxa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Estimar o recurso de alzada RA/CON/2013/00165 interposto por Óscar Sadia Liñares contra a resolución do secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por suplencia da directora xeral de Conservación da Natureza, do 13 de setembro de 2013, pola que se lle impón unha sanción de trescentos euros con cincuenta e dous céntimos (300,52 €) como responsable da comisión dunha infracción administrativa grave tipificada no artigo 13.2.d) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-CO-0048/2013-V). Declárase a caducidade do procedemento sancionador e ordénase o arquivamento das actuacións practicadas.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, caberá recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo do domicilio do interesado ou da cidade de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición, durante un prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao do remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas