Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 22023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de abril de 2014 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU1/86/2012-R2, devolta polo servizo de Correos por non poder practicarse a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Elías Prado Díaz, no expediente IU1/86/2012-R2, en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 22 de outubro de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes en construción de vivenda unifamiliar, dúas edificacións auxiliares e unha solaina no lugar de Penencia-Doniños, no termo municipal de Ferrol, provincia da Coruña.

O expediente mencionado esta á disposición do interesado nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que xulgue procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística