Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 22022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de abril de 2014 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 14 de febreiro de 2013 recaída no expediente IU3/145/2011-F1R1.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 13 de marzo de 2014 a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Jaime Vázquez Roca contra a Resolución do 14 de febreiro de 2013, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en relación coas obras consistentes na construción de vivenda unifamiliar promovidas polo interesado no lugar da Louzaneta, termo municipal de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao citado interesado, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao citado interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística