Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21466

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1157/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 1157/2012 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Barral Valoira sobre invalidez, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos.

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Paula Ron Álvarez, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, debemos confirmar e confirmamos a sentenza do 30 de setembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra en autos nº 760/2005, promovidos por José Manuel Barral Valoira contra Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social número 61, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Professional Interservices, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala, número 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Professional Interservices, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de abril de 2014

A secretaria xudicial