Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21464

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 5 de maio de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 18 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño), de conformidade co disposto na base II.1.1.1,

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións e alegacións presentadas, anular as preguntas 32, 36, 37 e 65, pasando a ocupar o seu posto as tres preguntas reserva, cos números R81, R82 e R83 e desestimar o resto das alegacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10), fixándose en 40 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, no taboleiro de anuncios do salón de actos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que coiden oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2014

Alfonso Diéguez García
Presidente do tribunal