Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de abril de 2014 en relación co procedemento de execución forzosa SIL/12/2013, da resolución do expediente S-2010/033-C sancionador e de restitución en materia de costas.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 27 de marzo de 2014, comunicación no expediente de execución forzosa polas obras realizadas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na instalación de casetas e contedores, construción dun depósito de acumulación e muro no lugar da Pousa-Abanqueiro, termo municipal de Boiro (A Coruña).

Ao non poder realizarse a notificación a Montserrat Rodríguez Lavandeira desta comunicación, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita comunicación:

«Asunto: comunicación.

Expediente: SIL/12/2013 (S-2010/033-C).

O 4 de abril de 2011, a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou resolución no expediente sancionador de referencia pola realización de obras dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na instalación de casetas e contedores, construción dun depósito de acumulación e muro, no lugar da Pousa-Abanqueiro, no termo municipal de Boiro, provincia da Coruña, carecendo da preceptiva autorización.

No punto segundo da parte dispositiva desa resolución, ordenábaselles a José Manuel Guianzo Fernández, Antolín Rodríguez Seoane, Alfonso Rodríguez Seoane e Montserrat Rodríguez Lavandeira que procedesen á restitución das cousas e á súa reposición ao estado anterior á comisión da infracción, para cuxo efecto deberían proceder á retirada de todas as casetas e contedores instalados na parcela, así como á demolición das obras realizadas dentro da servidume de protección (depósito de acumulación e a parte do muro afectado), no prazo dun mes.

O 8 de marzo de 2013, Montserrat Rodríguez Lavandeira, actuando en nome propio e como representante dos ditos interesados, comunica que o 9 de marzo de 2012, puxo de manifesto que se retirarán as casetas e se demolerán as construcións, e que quedaba levantar parte do solo de cemento e retirar o entullo.

Practicada visita de inspección o 3 de setembro de 2013, ao lugar dos feitos, comprobouse que as casetas e o depósito de acumulación foron retirados e demolidas as obras do interior da parcela, realizadas dentro da servidume, coa excepción do muro de peche da parcela, que se mantén en todo o seu perímetro, polo que a orde de demolición e restitución dos bens afectados ao estado anterior ao inicio das actuacións non foi cumprida na súa totalidade.

Polo exposto, comunícaselles que no prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, deben culminar a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior á comisión da infracción mediante a demolición da parte do muro de peche da parcela realizado dentro da servidume de protección, ata a completa restitución da legalidade vulnerada, e acreditalo a esta axencia. Son informados de que, en caso contrario, se continuará a execución forzosa da orde de demolición mediante a imposición de multas coercitivas, conforme o advertido aos interesados en cumprimento do artigo 107 da Lei de costas e 199 e 200 do seu regulamento, en relación cos artigos 93 e seguintes da Lei 30/1992».

Para que conste e lle sirva de notificación de comunicación á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística