Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve recurso de reposición contra a resolución de clasificación dos montes denominados Cardoufe e O Eirelo a favor dos veciños dos lugares de Cardoufe e O Eirelo, concello de Dozón.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra ditou a seguinte resolución:

«Asistentes:

Presidente:

Miguel Ángel Pérez Dubois (xefe Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar).

Vogais:

Enrique Martínez Chamorro (xefe do Servizo de Montes).

Víctor Abelleira Argibay (representante do colexio de avogados da provincia).

X. Carlos Morgade Martínez (representante das CMVMC da provincia de Pontevedra).

Secretaria:

Ana Belén Fernández Dopazo (funcionaria adscrita ao Servizo Xurídico Administrativo).

Na cidade de Pontevedra, ás 17.00 horas do día 18 de febreiro de 14, coa asistencia das persoas á marxe indicadas, reúnese no 2º andar do Edificio Administrativo sito no nº 43 da rúa Fernández Ladreda o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir, entre outros asuntos, sobre a resolución dun recurso de reposición presentado contra a resolución de clasificación dos montes denominados Cardoufe e O Eirelo a favor dos veciños dos lugares de Cardoufe e O Eirelo (Dozón).

Antecedentes de feito.

Primeiro. Danse por reproducidos todos e cada un dos antecedentes de feito que constan na resolución ditada polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra do 19 de xuño de 2013, e destácase, para os efectos que agora interesan, que o motivo fundamental polo cal se acordou denegar a clasificación obedecía á falta de proba sólida e fidedigna do aproveitamento consuetudinario por parte dos veciños de Cardoufe-O Eirelo sobre o monte obxecto do presente expediente de clasificación.

Segundo. Á vista da documentación achegada polo solicitante e do informe do Servizo de Montes, as parcelas obxecto do presente expediente obedece á seguinte descrición:

Concello: Dozón.

Parroquia: Sanguiñedo.

Nome do monte: Cardoufe e O Eirelo.

Cabida: 157,4764 ha (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Polígono

Parcela

Propietario/a

354

2603

Celsa Mundín Cajide

821

Alicia Mundín Fernández

822

Celsa Mundín Cajide

2614

estado descoñecido

841

José Taboada Varela

842

María Remedios Varela Vence

1596

José Vázquez Fernández, Candingas-Lalín, Manuel Adicto Crespo Fernández, José Reboredo Ferreiro, Celia Lucía López

354

Mercedes García Bardelas

2673

Celia Lucía López Rodríguez

2675

Manuel Adicto Crespo Fernández

2520

José, Nieves, Alsira, Nélida, Manuela e Manuel Rodríguez Rodríguez

2521

José, Nieves, Alsira, Nélida, Manuela e Manuel Rodríguez Rodríguez

2522

Gonzalo González Ojea, Aurea Crespo Civeira

2523

José Manuel, Ramón, Felecta, Josefa, Dina, Julio e Carmen Diéguez Calvino

2524

Juan, Manuela, José Luis, Elisa Josefa Sueiro González, María Isabel Sueiro Crepo, Manuel Sueiro González, Herminia Concepción Sueiro González, Roberto Sueiro Areán e Matilde Sueiro Areán

2525

Ramiro Rodríguez Iglesia

2526

José, Nieves, Alsira, Nélida, Manuela e Manuel Rodríguez Rodríguez

2527

Juan, Manuela, José Luis, Elisa Josefa Sueiro González, María Isabel Sueiro Crepo, Manuel Sueiro González, Herminia Concepción Sueiro González, Roberto Sueiro Areán e Matilde Sueiro Areán

2528

Aurea Crespo Civeira

751

Alicia Mundín Fernández

752

Manuel García López

748

Jesús Mundín Cajide

753

Alicia Mundín Fernández

754

José Taboada Varela

755

Jesús Mundín Cajide

756

Alicia Mundín Fernández

843

José Taboada Varela

844

María José Daparte Fernández

835

Alicia Mundín Fernández

845

Francisco Gómez López

2504

Alicia Mundín Fernández

2503

Celsa Mundín Cajide

850

Alicia Mundín Fernández

851

Celsa Mundín Cajide

852

Jesús Mundín Cajide

2502

Celsa Mundín Cajide

853

Alicia Mundín Fernández

354

854

Jesús Mundín Cajide

855

Alicia Mundín Fernández

856

Celsa Mundín Cajide

857

Alicia Mundín Fernández

858

Jesús Mundín Cajide

2499

Celsa Mundín Cajide

849

Celsa Mundín Cajide

848

Francisco López Fernández

754

José Taboada Varela

746

José Taboada Varela

758

Alicia Mundín Fernández

767

José Alfredo Reboredo Mundín

9014

camiño concello de Dozón

768

Alicia Mundín Fernández

2597

Jesús Mundín Cajide

770

Celsa Mundín Cajide

9010

camiño concello de Dozón

9011

camiño concello de Dozón

9012

camiño concello de Dozón

605

Juan Ramón Varela Fernández

579

José Antonio Rodríguez Presas

551

María José Daparte Fernández

707

monte comunal de veciños de Sanguiñedo

705

monte comunal veciños de Sanguiñedo

550

José Crespo Civeira

672

Francisco López Fernández

2610

Celsa Mundín Cajide

667

Manuel Mauro Areán Reboredo

668

José Crespo Civeira

669

Jesús Mundín Cajide

670

Alicia Mundín Fernández

671

Celsa Mundín Cajide

1836

Finsa

354

1869

descoñecido

1776

José Manuel López Blanco

1797

Manuel Civeira Rodríguez

1799

José Janeiro Civeira

1800

José María Lorenzo Civeira

1874

Manuela Rodríguez Reboredo

1803

María Esther Suárez Rodríguez

1873

José María Lorenzo Civeira

1805

Carmen Ramos López

819

Mercedes García Bardelas

2616

monte comunal de veciños do Castro

2059

Jesús Mundín Cajide

740

Alicia Mundín Fernández

739

Celsa Mundín Cajide

958

Gonzalo González Ojea

957

Aurea Crespo Civeira

2367

monte comunal de veciños de Santo Domingo

2384

Alicia Mundín Fernández

2512

Celsa Mundín Cajide

2383

Jesús Mundín Cajide

2385

Alicia Mundín Fernández

2386

Celsa Mundín Cajide

2387

Alicia Mundín Fernández

2388

Jesús Mundín Cajide

2389

Francisco López Fernández

2390

José Taboada Varela

2391

José Antonio Cacheda Zobra

757

Celsa Mundín Cajide

758

Alicia Mundín Fernández

759

Jesús Mundín Cajide

760

José Taboada Varela

761

Francisco Crepo Gutiérrez

763

José Taboada Varela

354

818

José Taboada Varela

812

Francisco Gómez López

816

José Taboada Varela

817

Manuel Luis Taboada Fernández

820

Alicia Mundín Fernández

2604

Celsa Mundín Cajide

801

Jesús Mundín Cajide

847

Alicia Mundín Fernández

846

Jesús Mundín Cajide

2505

Francisco Gómez López

825

Manuela María Pacita Rodríguez Presas

827

María Remedios Varela Vence

828

José Taboada Varela

2507

José Taboada Varela

832

José Taboada Varela

231

María Remedios Varela Vence

229

María López Fernández

2508

José Crespo Cibeira

833

José Crespo Cibeira

2515

Aurea Crespo Cibeira

673

María Remedios Varela Vence

635

Celsa Mundín Cajide

636

Manuela María Pacita Rodríguez Presas

637

José Alfredo Reboredo Mundín

638

José Crespo Civeira

647

Manuel Mauro Areán Reboredo

648

Celsa Mundín Cajide

646

José Crespo Civeira

639

José Alfredo Reboredo Mundín

640

Manuel Mauro Areán Reboredo

2490

Celsa Mundín Cajide

641

José Crespo Civeira

642

Celsa Mundín Cajide

354

643

Manuel Mauro Areán Reboredo

663

Celsa Mundín Cajide

661

José Crespo Civeira

606

Manuel Mauro Areán Reboredo

605

Juan Ramón Varela Fernández

2501

Celsa Mundín Cajide

2500

Celsa Mundín Cajide

53

479-478

José Crespo Cibeira

253

836

monte comunal de veciños Sanguiñedo (campo da festa)

53

517

monte comunal de veciños de Sanguiñedo

53

454

José Crespo Cibeira

53

581

monte comunal de veciños de Sanguiñedo (praia fluvial)

354

2615

monte comunal de veciños de Cardoufe e O Eirelo

833

José Crespo Cibeira

828

José Taboada Varela

827

María Remedios Varela Vence

9015

Concello de Dozón- camiño

9012

Concello de Dozón-camiño

53

9011

Concello de Dozón-camiño

253

478

José Pérez García

253

479

Juan Ramón Varela Fernández

Polígono

Parcela

Propietarios/as

Superficie

354

860

monte comunal, Cardoufe e O Eirelo

54,8506 ha

354

859

monte comunal, Cardoufe e O Eirelo

100,1491 ha

354

2615

monte comunal, Cardoufe e O Eirelo

0,3219 ha

354

968

monte comunal, Cardoufe e O Eirelo

1,1757 ha

253

836

monte comunal, Cardoufe e O Eirelo

0,3447 ha

53

517

monte comunal, Cardoufe e O Eirelo

0,3570 ha

53

581

monte comunal, Cardoufe e O Eirelo

0,2774 ha

836

campo da festa

581

praia fluvial

517

aparcadoiro

Terceiro. Contra a citada resolución, notificada con data do 9 de xullo de 2013, os interesados presentan, sen que o escrito formalmente revista a aparencia de recurso de reposición, un modelo de solicitude en que xuntan diversa documentación acreditativa do aproveitamento consuetudinario, entre a que destaca:

– Escritura notarial que protocoliza a acta da asemblea xeral extraordinaria dos veciños de Cardoufe-O Eirelo celebrada con data do 23 de setembro de 2011 en relación cos trámites de expropiación para a construción da autoestrada de peaxe Santiago-alto de Santo Domingo.

– Declaración xurada de varios veciños da CMVMC de Sanguiñedo (Dozón) onde expresamente recoñecen que as leiras cuxa clasificación se solicita, sempre foron dos veciños de Cardoufe-O Eirelo.

– Solicitudes feitas por veciños do Eirelo-Sanguiñedo pedindo permisos para a construción de un alboio nunha das parcelas.

– Escrito da Alcaldía de solicitude de permiso para a construción dun centro social e praia fluvial nas parcelas 517, 518b e 581c do polígono.

– Certificación catastral.

– Diversa documentación histórica onde se fai referencia ás parcelas cuxa clasificación se solicita como monte veciñal.

Cuarto. Analizado o expediente de referencia, así como a nova documentación presentada, emítese a seguinte proposta de resolución, con base nos seguintes feitos e fundamentos de dereito:

Funtamentos de dereito.

I) O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para resolver os recursos de reposición que se interpoñan contra as súas resolucións de acordo co preceptuado no artigo 116 da Lei 30/1992.

II) Como cuestión preliminar, e para os efectos de centrar o debate que aquí se suscita, compre manifestar que o principal motivo tomado en consideración polo Xurado Provincial de Montes de Pontevedra á hora de denegar a clasificación do monte Cardoufe-O Eirelo como monte veciñal en man común a favor dos veciños promoventes obedece a que non quedaba acreditado de forma sólida e fidedigna o aproveitamento consuetudinario en man común.

En concreto, e de forma máis precisa, este xurado esgrimiu o seguinte:

“É certo que a parte solicitante presenta unha declaración xurada dos veciños do lugar dando fe da existencia dun uso consuetudinario pero, a xuízo deste órgano, tal declaración devén insuficiente, non só porque nela se recoñece que os terreos se atopan en estado de abandono, referendando o sinalado polo informe do Servizo de Montes, senón porque, sendo coherentes co criterio fixado pola xurisprudencia e adoptado por este xurado á hora de valorar se procede ou non a clasificación dunha determinada parcela como monte veciñal en man común, resulta exixible un maior esforzo probatorio do uso comunal, tanto histórico como actual, dos veciños de Cardoufe-O Eirelo, tal e como se vén requirindo a outras comunidades de montes”.

Sentada esta base, e tomando como punto de partida a nova documentación presentada, debe valorarse se ela é suficiente para xustificar un cambio no criterio sentado sobre a petición de clasificación por parte do Xurado de Montes, e a conclusión a que debe chegarse unha vez analizada é positiva, é dicir, debe entenderse suficientemente acreditada a condición de veciñais dos montes Cardoufe-O Eirelo.

En apoio de tal tese, resulta especialmente significativo o escrito asinado por varios veciños da CMVMC de Sanguiñedo, estremeira coas parcelas obxecto do presente expediente de clasificación, que non só non realizaron ningunha manifestación en contra da clasificación senón que expresamente recoñecen que as parcelas identificadas cos números que constan na resolución desde sempre foron dos veciños de Cardoufe-O Eirelo.

Por outra banda, tamén é relevante a solicitude feita polos veciños do Eirelo-Sanguiñedo pedindo permisos para a construción dun galpón nunha das parcelas, así como o escrito da propia Alcaldía solicitando permiso para a construción dun centro social e praia fluvial nas parcelas 517, 518b y 581c do polígono, certificación catastral, e a diversa documentación histórica onde se fai referencia ás parcelas cuxa clasificación se solicita como monte veciñal.

Finalmente, outro elemento probatorio que neste momento se presenta e que debe ter presente este órgano é a escritura notarial de protocolización da acta da asamblea xeral extraordinaria dos veciños de Cardoufe-O Eirelo, realizada con data do 23 de setembro de 2011, en relación aos trámites de expropiación para a construción da autoestrada de peaxe Santiago-alto de Santo Domingo e na cal aqueles aparecen identificados como titulares de parte dos terreos afectados pola expropiación, razóns todas elas que nos deben levar a deixar sen efecto a argumentación que se recolle no fundamento de dereito terceiro da Resolución do 19 de xullo de 2013 ao contar neste momento con novos elementos de xuízo, válidos e suficientes para fundamentar en debida forma a clasificación do monte denominado Cardoufe-O Eirelo en prol dos recorrentes.

Vistos os antecedentes mencionados, a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, este instrutor, en uso das facultades que ten conferida propón, e o xurado por unanimidade acorda:

Estimar o recurso de reposición presentado polos veciños de Cardoufe-O Eirelo e deixar sen efecto a resolución ditada por este xurado con data do 19 de xullo de 2013, ao considerar que se dan os requisitos exixidos legalmente para a clasificación solicitada. Deste xeito, acórdase clasificar os montes denominados Cardoufe e O Eirelo en prol dos veciños dos lugares de Cardoufe e O Eirelo, da parroquia de Sanguiñedo (Dozón) de acordo coas estremas e cabida reflectidos no antecedente de feito segundo, e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes, que forma parte inseparable da presente resolución.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 109.a) e 116.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Pontevedra, 28 de febreiro de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra