Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21395

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas a favorecer os investimentos en materia ambiental por parte de entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades económicas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2013.

Mediante a Orde do 8 de abril de 2013 (DOG nº 87, do 7 de maio) a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fixo públicas as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas a favorecer os investimentos en materia ambiental por parte de entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades económicas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e a súa convocatoria para o ano 2013.

Segundo o establecido no artigo 14 das citadas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas ao abeiro da orde antes referida, con expresión da convocatoria, programa e aplicación orzamentaria a que se imputen, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade da subvención.

Cómpre sinalar que estas subvencións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), ao abeiro do disposto no Regulamento (CE) 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional; no Regulamento 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión, así como no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan as normas de desenvolvemento do Regulamento 1083/2006.

As actuacións subvencionables están incluídas, segundo a distribución que se sinala a continuación, no eixe 2, categoría de gasto 06 do programa operativo Feder Galicia 2007-2013:

a) Investimentos das empresas co fin de acadar unha redución das emisións á atmosfera: 2.06.4.

b) Investimentos das empresas destinados a mellorar o seu comportamento ambiental en materia de xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos: 2.06.1.

c) Realización de estudos de análise e avaliación de riscos ambientais sectoriais: 2.06.3.

d) Realización de xornadas técnicas, seminarios, accións formativas, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas innovadoras ou intercambio de boas prácticas en materia ambiental: 2.06.6.

e) Auditoría para a determinación da pegada de carbono dun produto: 2.06.2.

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar as axudas que se relacionan na táboa que se anexa, concedidas ao abeiro do seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria:

– Orde do 8 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas a favorecer os investimentos en materia ambiental por parte de entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades económicas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2013 (DOG nº 87, do 7 de maio de 2013).

b) Aplicación orzamentaria: 07.03.541D.781.

c) Finalidade da axuda: financiar proxectos en materia de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental.

d) Destinatarios: entidades sen ánimo de lucro que exerzan algunha actividade empresarial e que cumpran o establecido no artigo 2 das bases reguladoras.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Entidades beneficiarias e importes das axudas outorgadas

Nº expte.

Entidade

Importe da axuda concedida

Esal

01

/13

Xor

Asociación Boirense de Empresarios

2.720,24 €

Esal

04

/13

Cco

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste-Centro Tecnológico AIMEN

8.963,34 €

Esal

05

/13

Cco

Fundación Cipri Gomes

20.767,16 €

Esal

08

/13

Res

Asociación de Empresarios para la Construcción-Asemaco

31.344,00 €

Esal

09

/13

Res

Asociación BATA (Baión, Asociación Tratamento do Autismo)

14.894,94 €

Esal

14

/13

Res

Club Náutico Deportivo Ribeira

1.874,40 €

Esal

15

/13

Xor

Clúster da Madeira de Galicia

1.012,00 €

Esal

22

/13

Res

Apetamcor-Asoc. Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada

26.720,00 €

Esal

28

/13

Xor

Asociación de Empresarios Ferrolterra

6.000,00 €

Esal

34

/13

Cco

Asociación DOA

4.702,49 €

Esal

35

/13

Cco

Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo del Amor

11.484,00 €

Esal

36

/13

Cco

Asoc. Profesional Agraria Xóvenes Agricultores

27.755,38 €

Esal

37

/13

Cco

Fundación Paideia Galiza

65.386,65 €

Esal

38

/13

Cco

Asociación Amicos

26.802,67 €

Esal

39

/13

Cco

Asoc. Prov. de Empresarios de Restauración y Hospedaje Stgo.

35.104,50 €

Esal

40

/13

Cco

Unións Agrarias-UPA

3.494,54 €

Esal

45

/13

Xor

Asociación Profesional Gandeiros de Lugo

6.000,00 €

Esal

47

/13

Xor

Asociación de Desenvolvemento Rural ODEGA

9.000,00 €

Esal

54

/13

Cco

Fundación Asilo Hospitalillo Sagrado Corazón de Jesús

77.501,84 €

Esal

56

/13

Cco

Real Aero Club de Santiago

34.418,00 €

Esal

63

/13

Xor

Fundación CEO para el Desarrollo Empresarial

6.000,00 €

Esal

64

/13

Cco

Confederación Empresarial de Ourense

23.781,93 €

Esal

66

/13

Cco

Confederación de Empresarios de Galicia

20.208,36 €

Esal

68

/13

Xor

Adega-Asoc. para a Defensa Ecolóxica de Galiza

6.000,00 €

Esal

69

/13

Cco

Fundación Monte do Gozo Proxecto Home Galicia

45.040,00 €

Esal

72

/13

Cco

Asociación Área Empresarial do Tambre

33.524,11 €

Esal

75

/13

Xor

Asociación Clúster del Granito

7.000,00 €

Esal

83

/13

Cco

Budo Asociación Deportiva

55.885,20 €

Esal

86

/13

Cco

Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo

26.812,00 €

Esal

87

/13

Cco

Club Náutico de Portonovo

6.707,10 €

Esal

88

/13

Cco

Liceo Casino de Pontevedra

82.480,92 €

Esal

91

/13

Res

Asoc. de Empresarios del Polígono Industrial de O Salnés

13.600,00 €

Esal

92

/13

Cco

Asociación Protectora de Animais Gatocan

42.324,16 €

Esal

94

/13

Cco

Fundación Hogar Santa Margarita

54.904,00 €

Esal

97

/13

Xor

Trespés, soc. coop.

6.000,00 €

Esal

102

/13

Res

Asociación Gallega de Turismo Rural

22.016,00 €

Esal

103

/13

Res

Asociación de Empresarios de la Comarca de Arzúa

12.340,00 €

Esal

104

/13

Xor

AELU-Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo

4.464,00 €

Esal

106

/13

Cco

Fundación de Daño Cerebral

100.000,00 €

Esal

107

/13

Cco

Aprevar

100.000,00 €