Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de obra pública hidráulica en Guillarei-Tui.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: negociado sen publicidade cun único criterio de adxudicación (prezo).

2. Obxecto do contrato: obras.

Descrición: eliminación autótrofa de nitróxeno na estación depuradora de augas residuais de Guillarei-Tui (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1052.

CPV (referencia de nomenclatura): 45252210-3 e 45252200-0.

Medio e data de publicación de licitación: sen publicidade.

Orzamento base de licitación: importe neto: 199.979,21 euros. Importe total: 241.974,84 euros.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Data de adxudicación: 27 de marzo de 2014.

Importe de adxudicación: importe neto: 199.879,00 euros. Importe total: 241.853,59 euros.

Data de formalización do contrato: 8 de abril de 2014.

Contratista: Aqualia, Gestión Integral del Agua, S.A.

3. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada ao licitador convidado e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do citado texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia