Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de abril de 2014 polo que se fai pública a resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D15.43828, seguido contra Pollos Albariza, S.L. (concello de Noia).

O 20 de marzo de 2014 ditouse resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Pollos Albariza, S.L. pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.b) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación da devandita resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ao interesado, e fáiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado desde o día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá interpoñer recurso de alzada perante o presidente de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia