Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 24 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución da imposición da primeira multa coercitiva, correspondente ao expediente sancionador INC-CO-0066/2012-SUB.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución da imposición da primeira multa coercitiva, correspondente ao expediente sancionador INC-CO-0066/2012-SUB.

A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Planificación Preventiva da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situadas en San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá a interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Transcorrido este prazo sen se ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa, e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 138.3 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: INC-CO-0066/2012-SUB.

Interesada: Forestal Diéguez Hermanos, S.L.

Acto de notificación: resolución da imposición da primeira multa coercitiva.

Último enderezo coñecido: Os Vilares, s/n, Pravio, 15668 Cambre (A Coruña).