Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 14 de abril de 2014, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00002-O-2014 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, os interesados deberán aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 14 de abril de 2014

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último domicilio coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00002-O-2014

1801-FTZ

Garda Civil 2701 R10457X

Carreras Grupo Logístico, S.A.

A50018837

Pgno. Cogullada - C Jaime Ferrán, 10, apdo. 5043

50014 Zaragoza

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 5 %.

2.12.2013; 15.16.00; N-640; 78,060

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

333 euros

LU-00089-I-2014

3540-CLJ

Axente de inspección LU/005

Filfran, S.L.

B27254606

Avda. Portugal, 145

27370 Rábade (Lugo)

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 2,5 %.

12.11.2013; 9.40.00; A-6; 474

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-02244-O-2013

C-0974-BC

Garda Civil 2701 N03815F

Serigne Dieng Sene

49675035A

Alcalde Jaime Hervada, 21, 2º C

15038 A Coruña

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 9 %.

10.10.2013; 16.52.00; A-6; 474,00

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

350 euros