Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 10 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica da modificación do proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, nos concellos de Gondomar e Vigo.

Advertidos erros no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 83, do 2 de maio de 2014, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 20005, no sumario, onde di: «Anuncio do 10 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica da modificación do proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, nos concellos de Gondomar e Vigo», debe dicir: «Anuncio do 10 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se fai pública a decisión de non someter a modificación do proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, nos concellos de Gondomar e Vigo, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica».

Na mesma páxina, no texto, onde di: «Faise pública a Resolución do 9 de abril de 2014 pola que se aproba a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica da modificación do proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, nos concellos de Gondomar e Vigo, en cumprimento do disposto na devandita resolución», debe dicir: «Faise pública a decisión do 9 de abril de 2014 de non someter a modificación do proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, nos concellos de Gondomar e Vigo, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica».

Na mesma páxina, no texto, onde di: «A memoria ambiental pódese consultar», debe dicir: «Esta decisión pódese consultar».