Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de abril de 2014 polo que se acepta a renuncia e se declara a extinción da licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica outorgado ao Concello do Vicedo.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 16 de abril de 2014,

RESOLVO:

Dar publicidade ao acordo do Consello da Xunta do 16 de abril de 2014 que a continuación se transcribe:

«Aceptar a renuncia e declarar a extinción da licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica outorgado ao Concello do Vicedo (Lugo)».

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios