Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21145

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1515/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1515/2012 seguido por instancia de Magnolia Rojas Álvarez contra East West Hemisphere Group, S.L. e Fogasa sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Magnolia Rojas Estévez contra a sentenza do 13 de xaneiro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a entidade mercantil East West Hemisphere Group, Sociedad Limitada, a sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Boletín Oficial da Comunidade de Madrid, co fin de que sirva de notificación en forma a East West Hemisphere Group, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Vicente Morales, 2, baixo, Madrid, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2014

A secretaria xudicial