Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se notifica un acordo de inicio de procedemento de reintegro da axuda á transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca a Servanza, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Servanza, S.L. o acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda para a realización de investimentos relativos á creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura, cofinanciados polo instrumento financeiro de orientación da pesca (IFOP) ao abeiro da Orde do 20 de febreiro de 2008 (DOG núm. 40, do 26 de febreiro), por un importe de 3.420.489,58 euros, xunto cos xuros de demora devindicados desde a data de cobramento da subvención.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula o regulamento da devandita lei, dáselle a beneficiaria o trámite de audiencia para que nun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación do presente escrito, poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Á vista das alegacións e da documentación presentada ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto do reintegro da subvención concedida.

O reintegro voluntario polo interesado realizado en calquera momento anterior á resolución producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dite resolución pola que se declare a dita circunstancia e das sancións que, se é o caso, poidan recaer en aplicación do disposto no título IV da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia (artigo 80.5 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro).

Este reintegro voluntario poderá efectuarse na conta bancaria que o Tesouro da Comunidade Autónoma ten aberta para estes efectos, que é a conta co número ES82 2091 0300 4731 1006 3172 de NovaGalicia Banco.

Se se realiza o ingreso, deberase remitir á Secretaría Xeral do Mar o seu xustificante, onde figuren os datos do interesado. Na data en que se efectúe o ingreso do principal da débeda deixarán de contarse os días de demora, co cal a Consellería de Facenda, no seu momento, só lle reclamará ao interesado os xuros devindicados desde a data de percepción da axuda ata a data en que ingresou o principal da débeda.

O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición dos interesados atópase na Secretaría Xeral do Mar, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE201B/2008/002-1.

Nome: Servanza, S.L.

Enderezo: Abanqueiro, Boiro.

CIF: B15862451.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar