Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se notifica un acordo de inicio de procedemento de reintegro da axuda á transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca a Conservas y Elaborados Guau, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Conservas y Elaborados Guau, S.L. o acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda á transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciados co Fondo Europeo da Pesca ao abeiro da Orde do 24 de abril de 2008 (DOG núm. 86, do 6 de maio), por un importe de 649.605,68 euros, xunto cos xuros de demora devindicados desde a data de cobramento da subvención.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula o regulamento da devandita lei, dáselle ao beneficiario o trámite de audiencia para que nun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación do presente escrito, poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Á vista das alegacións e da documentación presentada ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto do reintegro da subvención concedida.

O reintegro voluntario polo interesado realizado en calquera momento anterior á resolución producirá o remate do procedemento, sen prexuízo de que se dite resolución pola que se declare a dita circunstancia e das sancións que, se é o caso, poidan recaer en aplicación do disposto no título IV da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia (artigo 80.5 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro).

Este reintegro voluntario poderá efectuarse na conta bancaria que o Tesouro da Comunidade Autónoma ten aberta para estes efectos, que é a conta co número ES82 2091 0300 4731 1006 3172 de Novagalicia Banco.

Se se realiza o ingreso, deberase remitir á Secretaría Xeral do Mar o seu xustificante, onde figuren os datos do interesado. Na data en que se efectúe o ingreso do principal da débeda deixarán de contarse os días de demora, co cal a Consellería de Facenda, no seu momento, só lle reclamará ao interesado os xuros devindicados desde a data de percepción da axuda ata a data en que ingresou o principal da débeda.

O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición dos interesados, atópase na Secretaría Xeral do Mar, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE201B 2008/063-5.

Nome: Conservas y Elaborados Guau, S.L.

Enderezo: Cambados, Pontevedra.

CIF: A-36011583.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar