Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20860

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, na sesión do 27 de marzo de 2014, acordou aprobar inicialmente a modificación do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), promovida de oficio polo concello de Teo, segundo o documento de modificación denominado Modificación puntual do PXOM de Teo e que afecta a regulación de usos de solo rústico. Documento para aprobación inicial. Memoria xustificativa, normativa e anexos.

Mantense a suspensión do outorgamento de licenzas, acordada polo Pleno na sesión do 25 de abril de 2013, circunscrita ás licenzas de edificación e demolición no solo rústico do termo municipal previsto no PXOM do concello de Teo, para o uso de pirotecnia, así como as licenzas das actividades relacionadas co uso en cuestión, polo prazo máximo de dous anos de acordo co artigo 77.3 da Louga.

Conforme o artigo 85 da Louga, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na Voz de Galicia, en El Correo Galego, no taboleiro de edictos e na páxina web do concello. Durante ese prazo, que se computará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán formular as alegacións que teñan por convenientes para a defensa dos seus dereitos e intereses.

O expediente completo está á disposición dos interesados, na Secretaría do concello, en horario de oficina.

Teo, 10 de abril de 2014

Martiño Noriega Sánchez
Alcalde