Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20859

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nogueira de Ramuín

ANUNCIO de información pública sobre explotación avícola de galiñas poñedoras reprodutoras en Espiñeiros (San Miguel do Campo).

Benito Fernández Vázquez y Otros, S.C. solicitou a licenza o 23 de maio de 2013, de explotación avícola de galiñas poñedoras reprodutoras, sometida a avaliación de incidencia ambiental, no lugar de Espiñeiros (San Miguel do Campo) polígono 58, parcelas 82, 83, 84, 94, 104 e 85) solo rústico de protección ordinaria, polo que se tramita neste concello o expediente oportuno.

Procédese a abrir o período de información pública durante un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, e taboleiro de anuncios do concello (o prazo conta desde a última publicación que se efectúe) para que as persoas que estean afectadas dalgún modo pola dita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 9.00 ás 12.00 horas.

Nogueira de Ramuín, 8 de abril de 2014

José César Parente Pérez
Alcalde