Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20861

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO (expediente 5250/12).

1. Entidade adxudicadora: organismo: organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Nº de expediente 5250-12.

2. Obxecto do contrato: descrición: desenvolvemento das actividades recollidas no programa educativo do Departamento de Educación Ambiental do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

3. Prazo de execución: un ano, máis unha prórroga dun ano.

4.Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

5. Orzamento base: 54.813,00 euros, IVE incluído, por un ano.

6. Garantías provisionais: non se exixen.

7. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 26 77 83-84, fax: 986 27 31 87.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presenta-ción de proposicións.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto día seguinte ao da última publicación do presente anuncio nos diarios oficiais.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Monte da Madroa, s/n, 36316 Teis, Vigo, ata as 13.30 horas do último día do prazo.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, Vigo.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 4 de abril de 2014

(Por Decreto de delegación do alcalde presidente do Concello de Vigo,
do 13 de xuño de 2012)
Mª Jesús Lago Rey
Presidenta do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo