Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se someten a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Noia (expediente IN407A 2014/15).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC, RBT, O Vilar, A Devesa, Boa.

Situación: concello de Noia.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 640 m, con orixe en cela de liña libre en CT Boa (expediente 21.457), en condutor RHZ-12/20 kV-12/20 kV-3×240 Al, e final no CT proxectado O Vilar, A Devesa.

Reforma centro de transformación non prefabricado Boa (expediente 21.457), cunha potencia de 400 kVA (existente), e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Centro de transformación prefabricado O Vilar, A Devesa proxectado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea coa orixe no CT O Vilar, A Devesa proxectado, cunha lonxitude de 122 m, en condutor RZ, e apoios de formigón.

Rede de baixa tensión subterránea coa orixe no CT O Vilar, A Devesa proxectado, cunha lonxitude de 96 m, en condutor XZ1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 8 de abril de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial