Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se someten a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2014/16).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT, rúa Francisco Asorey-travesía de Penelas.

Situación: concello de Ordes.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,214 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SME-809, tramo entre o CT Alfonso Senra, 67 (expediente 338/2006) e o CT Fonte Estrei, 14 (expediente 200/2009), en condutor RHZ1-2OL-12/20kV-3(1×240) Al e final no centro de transformación proxectado travesía de Penelas.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 7 de abril de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial