Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20536

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do Plan especial de reforma interior (PERI) da unidade de execución 02.

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas, en sesión do día 8 de abril de 2014, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación do Plan especial de reforma interior (PERI) da unidade de execución-02, sen modificacións respecto á inicialmente aprobada e sometida á información pública, e que afecta os terreos situados dentro do polígono catastral 32, cuxos lindes son:

– Ao leste, coa antiga estrada PO-410 e a estrada a Caldelas.

– Ao norte, coa Esfarrapada.

– Ao sur, coa estrada PO-410.

– Ao oeste, coa Feira.

Segundo. O acordo notificarase persoalmente a todos os interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no que se inserirá, así mesmo, a normativa urbanística aprobada. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos oportunos, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, achegando unha copia autenticada de dous exemplares dilixenciados polo secretario do Concello do documento definitivamente aprobado. No anuncio de aprobación definitiva farase constar a remisión da documentación á Consellería.

Cuarto. Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio».

O acto de aprobación definitiva da citada modificación do plan especial, xunto coa documentación sinalada no punto terceiro do acordo, foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 25 de abril de 2014, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

De acordo co sinalado no artigo 92.2 da citada lei, publicouse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o 2 de maio de 2014 o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación puntual poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Salceda de Caselas, 28 de abril de 2014

Marcos David Besada Pérez
Alcalde