Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20538

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública (expediente 36962/422).

A entidade Cortefiel, S.A. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenza de obras de acondicionamento e licenza de actividade e instalacións para unha tenda de roupa, que se situará na rúa Príncipe, número 15, planta baixa e primeira (expediente 36962/422).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días, mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poidan alegar o que consideren oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará unha vez transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente está á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do Edificio da Xerencia, sito na Praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 2 de abril de 2014

María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia