Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (45/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 45/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristian Rodríguez Gundín contra a empresa AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Pa Guy Jaud e Katia Jocelyne Audouy, sobre despedimento, se ditou auto, con data do 9 de abril de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Debo declarar e declaro extinguida a relación laboral existente entre o executante Cristian Rodríguez Gundín e a entidade AJP Guy y Otra, S.C. a día de hoxe (9.4.2014) e, así mesmo, condeno conxunta e solidariamente a entidade AJP Guy y Otra, S.C. e a Antoine Jean Pa Guy Jaud e Katia Jocelyne Audouy a lle aboar ao demandante a cantidade de 6.062,24 euros, en concepto de indemnización, e a cantidade de 23.910,61 euros en concepto de salarios de tramitación, calculados desde a data do despedimento (24.9.2012) ata a presente resolución (563 días), a razón de 42,47 euros diarios, máis 2.997,28 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, cantidades que deberán ser ingresadas no prazo de cinco días na conta de consignacións deste xulgado, aberta no banco Santander, co número 5076 0000 64 0045 14 e, para o caso de que non o verifiquen, requirir o representante da executada para que no improrrogable prazo de tres días designen bens e dereitos embargables da súa titularidade ante este xulgado sobre os que centrar a execución, sen prexuízo da realización de tales requirimentos e cos apercibimentos expresados no anterior fundamento de dereito, e requirir a parte executante por termo de quince días para que faga designación destes, e dar traslado de actuacións por igual prazo ao Fondo de Garantía Salarial para os efectos expresados.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, aberta en banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0045 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 0049 35 6992 0005001274, e no campo «concepto» deberá indicar o número de conta «5076 0000 64 0045 14» Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza maxistrada substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial»

Advírtese os destinatarios que las seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Pa Guy Jaud e Katia Jocelyne Audouy, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2014

A secretaria xudicial