Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública un expediente de modificación de contrato de xestión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación do seguinte contrato de xestión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral:

– V-1110; XG-063, Hortas-Santiago de Compostela, con anexos, da titularidade de Transportes Mosquera, S.L.

Os interesados ou afectados nos expedientes poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Ardá, 4) efectuar as alegacións que estimen oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de abril de 2014

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña