Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 6 de maio de 2014 Páx. 20466

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (49/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 49/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de José Antonio González Aguiar contra a empresa Restaurante Marisquería Sexto, S.L. sobre despedimento, se ditou auto, con data do 7 de abril de 2014, cuxa parte dispositiva é como segue:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Debo declarar e declaro extinguida a relación laboral existente entre o executante José Antonio González Aguiar e a mercantil executada Restaurante Marisquería Sexto, S.L. a día de hoxe (7.4.2014) e, así mesmo, condeno a mercantil executada a lle aboar ao demandante a cantidade de 15.325,04 euros, en concepto de indemnización, e a cantidade de 23.482,08 euros en concepto de salarios de tramitación, calculados desde a data do despedimento (3.10.2012) ata a presente resolución (552 días), a razón de 42,54 euros diarios, máis 3.880,71 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, cantidades que deberán ser ingresadas no prazo de cinco días na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número 5076 0000 64 0049 14 e, para o caso de que non o verifiquen, requirir o representante da executada para que no improrrogable prazo de tres días designen bens e dereitos embargables da súa titularidade ante este xulgado sobre os que centrar a execución, sen prexuízo da realización de tales requirimentos e cos apercibimentos expresados no anterior fundamento de dereito, e requirir a parte executante por termo de quince días para que faga designación destes, e dar traslado de actuacións por igual prazo ao Fondo de Garantía Salarial para os efectos expresados.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0049 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 0049 35 6992 0005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0049 14. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza maxistrada substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial»

Advírtese os destinatarios que las seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Restaurante Marisquería Sexto, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

A secretaria xudicial