Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 20055

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública sobre construción de nave industrial e actividade de inspección técnica de vehículos no parque empresarial Porto do Molle (expediente 13/0356SU).

Supervisión y Control, S.A. solicitou licenza de construción de nave industrial e licenza de actividade de inspección técnica de vehículos que se situará na parcela 8.12, zona Z-1B, do parque empresarial terciario Porto do Molle, Nigrán (expediente 13/0356SU).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 22 de xaneiro de 2014

Alberto Valverde Pérez
Alcalde