Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 20052

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de licitación da concesión para a xestión, explotación e mantemento do ximnasio e da piscina municipal cuberta de Melide.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Melide.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº expediente: 05/14.

d) CPV 2008: 92610000-0 servizos de explotación de instalacións deportivas.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: xestión do servizo público do ximnasio e da piscina municipal cuberta climatizada de Melide.

b) Lugar de execución: concello de Melide.

c) Prazo de execución: 4 anos.

d) Prórroga: non existe posibilidade de prórroga.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, oferta económica máis vantaxosa con varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento de adxudicación: 1.117.218,06 € que corresponde ao total de custo da concesión administrativa do servizo público durante os 4 anos de duración.

Subvención máxima: 79.500,17 € ao ano.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Melide.

Enderezo: praza do Convento, nº 5, 15800 Melide, A Coruña.

Teléfono: 981 50 50 03. Fax: 981 50 62 03.

Perfil do contratante: www.concellodemelide.org, www.contratosdegalicia.es

Correo electrónico: contratacion@melide.dicoruna.es

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. A presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de apresentación: dentro do prazo de 15 días naturais, que contarán desde a publicación do último anuncio de licitación deste contrato, xa sexa no BOP, DOG ou no perfil do contratante do concello.

b) Documentación a apresentar: a sinalada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de apresentación: Concello de Melide, Rexistro Xeral, praza do Convento, nº 5, 15800 Melide, A Coruña.

9. Criterios de adxudicación do contrato:

Os criterios contidos no prego e coa ponderación que neles se sinala, publicados no perfil do contratante: www.concellodemelide.org

10. Apertura das ofertas:

Segundo estabelece o prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios:

Cláusula XXI do prego.

Melide, 25 de abril de 2014

María Ángeles Vázquez Mejuto
Alcaldesa