Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 20056

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Palas de Rei

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de delimitación de solo do núcleo rural de Portos.

Aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno do 27 de marzo de 2014, o proxecto de delimitación de solo do núcleo rural de Portos, de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que formule as alegacións que considere pertinentes.

Palas de Rei, 4 de abril de 2014

Pablo José Taboada Camoira
Alcalde