Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 28 de marzo de 2014, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-02303-O-2013 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Son informados de que teñen dereito a alegar por escrito, ante o Servizo de Mobilidade, o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte dos interesados e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 28 de marzo de 2014

José Jorge Martínez Fernández
Instrutor

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-02303-O-2013

4627-FXF

Garda Civil 3603 A23980M

Recigranit, S.L.

B36855443

A Casilla, Atios, 49

36475 O Porriño, Pontevedra

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

13.5.2013; 18.22; PO-510; 6

Artigo 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-02501-O-2013

8969-FVT

Garda Civil 3603 V93728C

Arias Logística y Transporte, S.L.

B27288521

Ourense, 29

27004 Lugo, Lugo

A utilización do tacógrafo sen ter realizado a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

22.5.2013; 8.50; A-52; 278,300

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02650-O-2013

9895-BCK

Garda Civil 3601 Q92637T

Hipermarco, S.L.

B36282127

A Almuíña, 12

36143 Pontevedra, Pontevedra

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

18.6.2013; 7.03; PO-531; 4,8

Art. 140.1 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-03912-O-2013

6378-HDK

Garda Civil 3603 A23980M

Aceros Cantábrico

B36101582

Avenida Molinos, 20, 1º A

36205 Vigo, Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 34 %.

16.10.2013; 13.20; A-55; 17,05

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

3.800 euros