Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19532

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (103/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 103/2014 a instancia de Juan Ramón Maceiras Castro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap, as empresas Mantenimiento de Obras Portuarias, S.L. e Servicios Viales y Mobiliario, S.L. (desistida), sobre impugnación de alta médica, nos cales se ditou sentenza o 2.4.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Desestímase a demanda formulada por Juan Ramón Maceiras Castro fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a empresa Mantenimiento de Obras Portuarias, S.L., e absólvense as citadas entidades ou empresas das pretensións fronte a elas exercidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Mantenimiento de Obras Portuarias, S.L. e Servicios Viales y Mobiliario, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 7 de abril de 2014

A secretaria xudicial