Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19531

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1311/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1311/2011 por instancia de Adrián Cotrofe González contra a empresa Alferluma, S.L.U., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 1.4.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Adrián Cotrofe González fronte a Alferluma, S.L.U. e, en consecuencia, condénase a empresa Alferluma, S.L.U. a aboar ao demandante a cantidade de catro mil oitocentos tres euros con vinte e sete céntimos de euro (4.803,27 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Alferluma, S.L.U., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de abril de 2014

A secretaria xudicial