Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19533

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 522/2013-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 522/13 por instancia de Ricardo Varela Barral contra Estrutucras y Obras de Galicia, administración concursal e Fogasa sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ricardo Varela Barral, contra Estrutucras y Obras de Galicia, S.L., e a administración concursal de Estructuras y Obras de Galicia, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Estructuras y Obras de Galicia, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 4.511,67 € líquidos, polos salarios percibidos nos meses de novembro, decembro de 2012, e xaneiro de 2013, e 982,77 € brutos a compensación económica polas vacacións non desfrutadas do ano 2012 e 2013, incrementadas co xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co núm. 47570000, código 36 e nº de expediente, o que acreditará mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, que se incorporarán a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar un letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que conste e se insira no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Estructuras y Obras de Galicia, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que revistan forma de emprazamento, sentenzas e autos, e expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de abril de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial