Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de arquivamento do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-188/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución de arquivamento do expediente sancionador, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana núm. 79, 2º, 32003 Ourense.

Non obstante o anterior, e de acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 9 de abril de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: OU-E-188/13.

NIF: 76716715P.

Denunciada: Mª Anuncia Fernández Rodríguez.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, 25-B, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, 25-B, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.