Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 4 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se acorda deixar aberta, por un prazo de tres meses, a poxa pública para a venda duns inmobles situados no concello de Santiago de Compostela.

Mediante Orde da Consellería de Facenda do 27 de marzo de 2014 acordouse, de conformidade co artigo 72 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio, deixar aberta por un prazo de tres meses a poxa pública para a venda dos seguintes inmobles:

1. Parcela nº 59, Agro de Pazos, situada en Santa María de Villestro (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.584 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, con camiño existente; sur, zona excluída; leste, zona excluída; e oeste, con José Ramón Iglesias Miguéns. Referencia catastral: 15079C502000590000WS.

Clasificación urbanística: solo rústico de protección agropecuaria.

Datos rexistrais: inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 23.014, tomo 1.203, libro 245 e folio 1.

Acordo de alleamento: Orde da Consellería de Facenda do 11 de abril de 2013.

Prezo límite: 823,68 euros.

2. Parcela nº 157, Pedra Miralles, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 25.180 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, con Igrexa Católica; sur, zona excluída; leste, Francisca Castro Castro e outros; e oeste, con camiño público. Referencia catastral: 15079C503201570000WF e 15079C503101570000WW.

Clasificación urbanística: solo rústico de protección de interese paisaxístico.

Datos rexistrais: inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.928, tomo 1.202, libro 244 e folio 183.

Acordo de alleamento: Orde da Consellería de Facenda do 11 de abril de 2013.

Prezo límite: 7.390,40 euros.

3. Parcela nº 187, Lagos, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 13.934 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, con zona excluída e camiño público; sur, María Josefa Iglesias Pérez; leste, zona excluída; e oeste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15079C503001870000WK.

Clasificación urbanística: solo rústico de protección de interese paisaxístico.

Datos rexistrais: inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.930, tomo 1.202, libro 244 e folio 184.

Acordo de alleamento: Orde da Consellería de Facenda do 11 de abril de 2013.

Prezo límite: 4.089,67 euros.

4. Parcela nº 199, Rodeiro, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 29.360 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, con Felisa Liñares Guillén e outros; sur, Igrexa Católica; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; e oeste, con camiño. Referencia catastral: 15079C503001990000WU.

Clasificación urbanística: solo rústico de protección de espazos naturais.

Datos rexistrais: inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.932, tomo 1.202, libro 244 e folio 185.

Acordo de alleamento: Orde da Consellería de Facenda do 11 de abril de 2013.

Prezo límite: 11.744 euros.

5. Parcela nº 254, Chan dos Montes, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 19.610 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Luis García Miramontes e outros; leste, zona excluída, e oeste, con Josefa Bastón García e outro. Referencia catastral: 15079D503002540000LD.

Clasificación urbanística: solo rústico de protección forestal.

Datos rexistrais: inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.936, tomo 1.202, libro 244 e folio 187.

Acordo de alleamento: Orde da Consellería de Facenda do 11 de abril de 2013.

Prezo límite: 7.844 euros.

Durante o prazo de tres meses, contados a partir do presente anuncio, calquera interesado poderá presentar unha proposta de compra por escrito sobre calquera dos bens inmobles relacionados anteriormente, e polo prezo que o interesado determine, sempre e cando iguale ou supere o mínimo fixado. A proposta de compra deberá recoller o nome, DNI, domicilio e teléfono de contacto, e deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do depósito na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia do 25 % do prezo ofrecido, e, no caso de estar interesados en varios inmobles, será preciso a presentación dun xustificante por cada un dos inmobles propostos para a compra.

Poderán presentar proposicións todas as persoas que teñan capacidade para contratar e, en particular, para celebrar o contrato de compravenda segundo as normas contidas no Código civil. Non poderán participar as persoas que solicitasen ou estean declaradas en concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento, estean suxeitas a intervención xudicial ou fosen inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, así como as que incorresen nos supostos previstos na normativa sobre incompatibilidades.

Se o ofertante é unha persoa xurídica, deberá achegar para acreditar a representación da persoa asinante a escritura notarial de constitución da sociedade e de poder específico ou xeral, este último inscrito debidamente no rexistro mercantil.

A documentación deberá presentarse en sobre pechado, no Rexistro Único da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano), con indicación no seu exterior, no anverso, «VND 2010 CAL SANTIAGO», dirixido á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 de Santiago de Compostela, e no reverso a identificación do ofertante.

Serán rexeitadas as propostas presentadas fóra de prazo, as que non alcancen o prezo mínimo fixado, as que non veñan acompañadas do xustificante da Caixa Xeral de Depósitos e aquelas con condicións ou que de forma clara non permitan determinar a oferta de compra.

Transcorrido o prazo, procederase a anunciar unha nova poxa pública e establecerase como tipo de licitación a mellor oferta presentada. Con anterioridade á poxa, procederase á devolución dos depósitos constituídos para garantir as ofertas de cantidades inferiores a que sirva de tipo para a nova poxa.

As condicións da adquisición que rexerán na cuarta poxa pública que teña lugar, de ser o caso, na cal poderá tomar parte calquera interesado aínda que non presentase ningunha solicitude dentro deste período de tres meses, serán as recollidas no prego de condicións correspondente ás poxas públicas anteriores, que estarán á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio; rúa A Pastoriza, 8, 2º andar, Santiago de Compostela.

A proposición que sirva de tipo para a poxa producirá plenos efectos, aínda que o ofertante non compareza no acto da súa realización, polo que se o ben lle fose adxudicado perderá o depósito no caso de non efectuar o pagamento do prezo total dentro do prazo de quince días a partir da notificación de adxudicación.

No caso de que durante este prazo de tres meses se presenten ofertas económicas de igual contía, e non concorra ningún propoñente nin interesado ao acto de poxa pública, a adxudicación recaerá sobre o que primeiro presentase a súa oferta, para o cal se atenderá á data de entrada no rexistro sinalado na convocatoria.

Se durante este prazo de tres meses non se presenta ningunha proposta por escrito sobre algún dos inmobles, desistirase definitivamente deste procedemento de venda e continuará o inmoble no patrimonio autonómico, agás que se presenten ofertas de compra por importe igual ou superior ao prezo de licitación da terceira poxa pública.

Para máis información poderán dirixirse á Subdirección Xeral do Patrimonio. Teléfonos: 981 54 41 51 e 881 99 90 55.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2014

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda