Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de abril de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/27/2014, devolto polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 17 de marzo de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/27/2014 polas obras realizadas en solo de núcleo rural, sen axustarse ás condicións sinaladas na licenza urbanística municipal, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, no lugar do Val, Sacardebois, no termo municipal de Parada de Sil.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Mercedes Castro Sánchez, en calidade de propietaria do terreo onde se levan a cabo as ditas obras e promotora delas, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística