Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de abril de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/28/2014, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu enderezo descoñecido.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 17 de marzo de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/28/2013 polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización autonómica, consistentes na construción dunha edificación soterrada no lugar de Conchouso, Brués, no termo municipal de Boborás.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Aurelio Nogueira Arias, en calidade de propietario do terreo onde se levan a cabo as ditas obras, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística