Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de marzo de 2014 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador IU3/99/2011-SA1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A instrutora do expediente sancionador por infracción urbanística IU3/99/2011-SA1 ditou, o 3 de marzo de 2014, proposta de resolución en que se propón impoñer unha sanción consistente en multa a Alicia Almoina Paleo, como responsable dunha infracción urbanística moi grave, consistente na construción dunha edificación destinada a uso residencial ocasional, no lugar de Verdón, Moltalbán, parroquia de Vieiro, no concello de Viveiro.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao que se producise a notificación, para formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística