Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19291

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 15 de abril de 2014 pola que se modifica, no relativo ás anualidades, a Orde do 25 de novembro de 2013 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación de persoal en temas de investigación mariña, e se procede á súa convocatoria.

A Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar de 25 de novembro de 2013 (DOG núm. 234, do 9 de decembro) establece as bases reguladoras e procede á convocatoria de bolsas para completar a formación de técnicos superiores en ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña.

No artigo 11 da citada orde detállanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto nas anualidades 2013, 2014 e 2015 para o financiamento das ditas axudas.

Tendo en conta as especiais circunstancias que dificultaron a tramitación destas axudas, a data de inicio das bolsas vai ter un atraso de entre catro e cinco meses (iniciaranse en 2014 e rematarán en 2016) o que fai preciso unha modificación do crédito por anualidades con respecto ao previsto inicialmente.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1.1 e 3 do Estatuto de Autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modifícase o artigo 11 da Orde do 25 de novembro de 2013 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de persoal en temas de investigación mariña, e se procede á súa convocatoria, que queda redactado como segue:

Artigo 11. Dotación orzamentaria

O financiamento destas bolsas farase con cargo á partida orzamentaria 12.31.561A 480 0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2014 (51.480,00 €), 2015 (77.220,00 €) e 2016 (25.740,00). As cotizacións á Seguridade Social por continxencias comúns e profesionais serán con cargo á partida orzamentaria 12.31.561A.484 0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2014 (2.880,00 €), 2015 (5.400,00 €) e 2016 (1.800,00 €).

As ditas cantidades poderán ser reaxustadas en función da data de inicio das bolsas.

Disposición adicional única

A modificación das anualidades previstas no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 25 de novembro de 2013.

Disposición derradeira única

A presente orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar