Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2013/191).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Industrial, S.L.U.

Domicilio social: Cernadas, Portodemouro,15871 Val do Dubra (A Coruña).

Denominación: mellora da calidade de subministración no CT Pé do Boi.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

– Instalación en caseta existente (expediente 5.958) de novo transformador de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,42-0,24 kV (deseñado para a instalación dun transformador de ata 250 kVA de potencia), cunha configuración de celas modulares con envolvente metálica 3L+1P, con illamento en SF6 e concentrador de telexestión tipo 4CCT.

– Instalación de tres (3) pasos aerosoterrados (PA/S) cara ao interior do centro de transformación desde apoio existente.

– Instalación de liña de baixa tensión baixo tubo, de 25 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 31×240 mm2 Al.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se consideren pertinente.

A Coruña, 26 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña