Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores por infracción da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza (CON-CO-0078-2013-V e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptado polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 2 de abril de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: CON-CO-0078/2013-V.

Denunciada: Fernanda Pereira Peris.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CON-CO-0102/2013-V.

Denunciado: José Manuel Cameán Fernández.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CON-CO-0107/2013-V.

Denunciada: Mª Dolores López Maestu.

Acto de notificación: resolución.