Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18463

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1370/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 1370/2012 por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Ángel Santos y Cabana, S.L. e administración concursal, sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou auto cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Parte dispositiva.

Dispoño ter por desistida a Fundación Laboral de la Construcción da súa demanda fronte a Ángel Santos y Cabana, S.L., de reclamación de cantidade.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da LPL).

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Ángel Santos y Cabana, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 31 de marzo de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial