Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación da xestión, en réxime de concesión, do servizo galego de apoio á mobilidade persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (SGAMP), áreas de Ferrol e Pontevedra, mediante procedemento aberto e tramitación urxente (contratación documentalmente simplificada).

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 26/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión, en réxime de concesión, do servizo galego de apoio á mobilidade persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (SGAMP), áreas de Ferrol e Pontevedra, por procedemento aberto e tramitación urxente. Contratación documentalmente simplificada.

b) Lugar de execución: áreas de Ferrol e Pontevedra.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 8 de febreiro de 2016.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación total previsto: estímase nun millón dous mil oitocentos sesenta e tres euros con oitenta e tres céntimos (1.002.863,83 €), aos cales se lles engaden cen mil douscentos oitenta e seis euros con trinta e oito céntimos (100.286,38 €) en concepto de IVE, o que supón un total dun millón cento tres mil cento cincuenta euros con vinte e un céntimos (1.103.150,21 €).

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social, Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfonos: 981 54 73 98, 981 54 56 50.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase cláusula 5.3.2.1), documentación administrativa sobre número 1, prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se deberá presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo de San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil de contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20375

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar