Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de vixilancia no complexo residencial xuvenil LUG I de Lugo (expediente 40/2014) e no centro educativo Santo Anxo da Garda de Rábade (expediente 41/2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Enderezo: rolda Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

3. Teléfono: 982 29 41 01, fax: 982 29 49 74.

4. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

5. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Número de expedientes: 40/2014 e 41/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición:

Expte. 40/2014: contratación do servizo de vixilancia no complexo residencial xuvenil LUG I.

Expte. 41/2014: contratación do servizo de vixilancia no centro educativo Santo Anxo da Garda.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

Expte. 40/2014: complexo residencial xuvenil LUG I, rúa Pintor Corredoira, 2, 27002, Lugo.

Expte. 41/2014: centro educativo Santo Anxo da Garda, avenida da Coruña, 157, 27370, Rábade.

e) Prazo de execución: 1 ano desde a súa formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79714000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria e procedemento aberto.

b) Criterios de adxudicación: véxanse pregos.

4. Orzamento de licitación:

– Expte. 40/2014, vixilancia no complexo residencial xuvenil LUG I:

Importe neto: oitenta e un mil oitocentos dezaoito euros e dezaoito céntimos (81.818,18 €).

IVE (21 %): dezasete mil cento oitenta e un euros e oitenta e dous céntimos (17.181,82 €).

Importe total: noventa e nove mil euros (99.000,00 €).

– Expte. 41/2014, vixilancia no centro educativo Santo Anxo da Garda:

Importe neto: douscentos oitenta e cinco mil cento vinte e tres euros e noventa e sete céntimos (285.123,97 €).

IVE (21 %): cincuenta e nove mil oitocentos setenta e seis euros e tres céntimos (59.876,03 €).

Importe total: trescentos corenta e cinco mil euros (345.000,00 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación:

Expte. 40/2014, complexo residencial xuvenil LUG I: non se exixe clasificación.

Expte. 41/2014, centro educativo Santo Anxo da Garda: grupo M , subgrupo 2, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: véxase prego.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Lugo, 10 de abril de 2014

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo