Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 4 de abril de 2014, da Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, polo que se notifica a resolución de extinción de autorización sanitaria, por peche definitivo, do centro sanitario autorizado co número de rexistro C-15-002231, de titularidade Clínica El Pasaje, S.L.

O 21 de febreiro de 2014 dítase a resolución de extinción de autorización sanitaria, por peche definitivo do centro sanitario que foi autorizado pola resolución da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade de 3 de febreiro de 2009, co número de rexistro C-15-002231.

Intentada a notificación ao administrador único da sociedade Clínica El Pasaje, S.L. segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non poderse practicar a notificación persoal, notifícaselle, por medio deste anuncio, ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, a referida resolución.

O texto completo da dita resolución atópase á disposición do interesado nas dependencias do Servizo de Autorización de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer, no prazo dun mes, un recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade de conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2014

Mercedes Lanza Gándara
Subdirectora xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios